martes, 28 de noviembre de 2017

QUERE O TEU MERCADO

A campaña Quere o teu mercado é o lema da Campaña Internacional dos Mercados co obxectivo de destacar o papel dos mercados nas cidades e potenciar a compra do produto local, ademáis de enxalzar a profesionalidade dos nosos praceiros e praceiras.
Grazas a Alberto por este bonito percorrido para coñecer os diferentes postos do mercado:  frutería, peixaría, carnicería,  charcutería,  quesería.. En todos eles consentíronnos  moito convidándonos a degustar queixo, xamón... e na  carnicería Milucho ata nos regalaron hamburguesas artesás para preparar nas nosas casas. 
Rematamos o percorrido visitando a florería Albitos para mercar flores para regalar ás nosas familias. 


Grazas ás mestras Yoli e Vanesa por acompañarnos e grazas a todos por esta bonita experiencia!




























































0 comentarios:

Publicar un comentario