Páginas

lunes, 6 de abril de 2015

2º CONCURSO ESCOLAR SOBRE O ESTATUTO DE AUTONOMÍA PARA GALICIA

A Deputación de Ourense conmemorou hoxe o 34º aniversario do Estatuto de Autonomía para Galicia nun acto celebrado no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" no que a institución provincial entregou os premios do 2º concurso escolar organizado para homenaxear a norma institucional básica galega.

Con este acto, o único organizado en Galicia para conmemorar esta efemérides, a Deputación de Ourense quere lembrar neste 34 aniversario do Estatuto de Autonomía para Galicia (Lei Orgánica 1/1981, de 6 de abril), o día histórico que supuxo para a Comunidade Autónoma de Galicia a aprobación da norma que regula o autogoberno da nosa nacionalidade histórica.

O presidente do goberno provincial, José Manuel Baltar, agradeceu aos alumnos, profesores, e aos pais dos nenos e nenas o seu interese por participar nesta importante data, e tamén ao coro do Colexio Padre Feijóo-Zorelle, que interpretou como peche do acto por primeira vez o Himno de Ourense cantado por un coro infantil.

O xurado do 2º Concurso escolar sobre o Estatuto de Autonomía para Galicia, presidido polo vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, concedeu premios a traballos de debuxo e redacción a alumnos de Educación especial, Infantil, Primaria e Secundaria pertencentes aos colexios Sagrado Corazón (O Carballiño), Padre Feijóo-Zorelle (Ourense) e ao Centro Especial do Pino (Ourense). En Educación Especial, Infantil e Primaria os premiados foron Ezequiel Salazar Montoya, Juan Manuel Fernández Vázquez, Santiago Afonso Rodríguez, Claudia Méndez Fernández, Elena Dameá Fernández, Carlota Fernández Conde e Paula Gómez Valencia. En ensino Secundario os premiados foron Isabella Erlania Pereira da Silva, Marta Castro Soto e María Crespo Dacosta.


















No hay comentarios:

Publicar un comentario