Páginas

jueves, 4 de febrero de 2016

CARLOTA E O BOTEIRO DE VIANA

O boteiro de Viana chegou á nosa clase anunciando o entroido da man de Ana e Anduriña, mai e prima da nosa compañeira Carlota. Comeza a nosa viaxe a Viana do Bolo.
Irrumpiron por sorpresa na aula co sonido das esquilas do cinturón do boteiro.




A nosa compañeira Carlota fixo de mestra e explicou a todos o traxe do boteiro.
O boteiro é un persoaxe típico do entroido de Viana do Bolo cunha traxe espectacular composta de: camisa bordada con fitas de cores, pantalón de seda vermello con flocos, un cinto con campás chamadas esquilas, e unhas polainas negra. Os boteiros tamén levan unha pértega chamada monca cunha pequena bóla ó final para meter medo á xente. Tamén levan unha careta demoníaca  de cor negra que adornan con estructuras recubertas de papeis de chamativas cores.


Anduriña, a prima de Carlota, amosounos o traxe e deixounos tocalo aínda que o máis divertido foi poñelo cinto para facelo soar. 

Tamén fixemos unha visita ó entroido de Viana empregando as novas tecnoloxías e Ana, a nai de Carlota, foi a conductora desta viaxe virtual.


Un doce fin de festa con sorpresa: caramelos que nos trouxo Ana para empezar a celebración do entroido.


Moitas grazas a Carlota polo seu entusiasmo e ilusión. Grazas a Ana pola sáa dozura ó explicarnos ao entroido de Viana. E grazas a Anduriña pola súa paciencia, alegría e entrega con tódolos peques. Sodes xeniais! Moitos bicos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario