Páginas

jueves, 22 de diciembre de 2016

CONCERTO DE MAMÁ CABRA: "ESTACIÓN NADAL"



"Estación Nadal" foi un magnífico concerto de Mamá Cabra do que gozamos grazas á Concellería de Educación do concello de Ourense. Achegámonos ata o Auditorio da nosa cidade para gozar dunha xornada lúdico-musical de Nadal.

Contan que só hai 4 estacións: primavera, verán, outono e inverno. Pero é mentira. Hai una máis e chámase Estación Nadal. 
É a máis divertida do ano, porque é tempo de agasallos pero tamén de cancións e de vacacións e de galdrumadas e de... en fin, de todas as cousas boas que ten a vida.

Mamá Cabra quixo cantarlle á Estación Nadal. Escribíronlle unha carta aos Reis Magos e eles contestaron. Pediron unha morea de cousas, entre outras, que o recreo dure máis tempo. E todo iso, cantando. A que presta a Estación Nadal?

Grazas ao concello de Ourense por regalarnos este bonito concerto de nadal.

























No hay comentarios:

Publicar un comentario