Un percorrido polo entroido ourensán para coñecer as nosas tradicións culturais e festividades da nosa provincia.
En clase, investigamos na internet para achegarnos aos distintos pobos e identificar os seus vistosos e característicos traxes.
Por sorpresa apareceu na nosa clase unha pantalla de Xinzo, acompañada da profe Tamara, que nos explicou con detalle os elementos que configuran o traxe ainda que o máis divertido foi facer soar as vixigas e as campaiñas do cinto.
Moitas grazas pola visita e feliz entroido a todos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario