Páginas

viernes, 10 de mayo de 2019

COIDANDO AS NOSAS BOCAS


O coidado da hixiene bucodental é fundamental, pero é nos primeiros anos de vida dos nenos cando se adquire o hábito e por iso é moi importante incidir desde moi temperá idade na correcta limpeza bucal.  Se se consegue isto, garántese que os máis pequenos da casa poidan leva unha vida sa e limpa, ademais de evitar enfermidades relacionadas coa boca e os dentes. Ademais, ter unha boca coidada ofreceralles unha boa imaxe persoal tanto no ámbito particular como laboral e escolar. 
Un curso máis, desde a Concellería de Educación do  Concello de Ourense presentaron a actividade   Saúde Bucodental, no marco do programa de  Saúde, onde presentan ademais outras propostas como  Saúde Integral ou Cultivando Alimentos.
A actividade de  Saúde Bucodental inclúe un completo programa de charlas e a posterior posta en práctica dos aspectos máis relevantes da charla facendo uso dunha mandíbula de grandes dimensións.
Con esta actividade de saúde bucodental o que se busca é que os alumnos de Infantil coñezan a importancia de conservar e manter unha adecuada hixiene oral, ademais de fomentar hábitos que, aplicados desde a infancia poidan evitar enfermidades bucodentais posteriores. Esta iniciativa axuda tamén a realizar un correcto  cepillado dos dentes, identificar as principais partes da boca, descubrir os inimigos da saúde bucodental ou recoñecer e evitar os alimentos  carigénicos. Os escolares que participan nesta actividade tamén chegan a descubrir como o  fluor aumenta a resistencia do esmalte e ao  dentitas como o profesional que coida das súas saúde bucodental.
GRAZAS!



















No hay comentarios:

Publicar un comentario