Páginas

jueves, 28 de noviembre de 2019

CONTACONTOS: ARTUR E CLEMENTINA

Para conmemorar o día contra a violencia de xénero os alumnos de Educación Infantil tiveron unha sesión de contacontos con Pamela, a profe de PT.
O conto de Artur e Clementina fainos reflexionar sobre a necesidade de coñecernos e respectarnos a nós mesmos e de non anular a nosa personalidade e identidade por adaptarnos a outras persoas ou situacións.
Adela Turín, autora deste conto tiña como obxectivo construír un mundo mellor, máis igualitario, libre de estereotipos sexistas e discriminación.
Grazas, Pamela, polo teu relato!









No hay comentarios:

Publicar un comentario