Páginas

viernes, 11 de noviembre de 2022

VINDE Ó MAGOSTO A COMER CASTAÑITAS

Esta semana estivo dedicada á festa do magosto. Coñecemos os froitos do outono e as súas propiedades, fixemos manualidades, descubrimos a muiñeira, cantamos e bailamos, dramatizamos a lenda de san Martiño, coñecemos o patrón de Ourense e visitounos a castañeira Rita cargada de castañas, fariña de castañas, bica, e outros moitos froitos do outono para todos.

E o xoves... Festa!!! A castañeira chegou á clase para repartir castañas calentitas  e convidarnos á festa que celebramos cos nosos compañeiros de infantil e celebrar o magosto todos xuntos. Que ben o pasamos!Encántannos as castañas!.

Grazas Alba, fixéchelo xenial. Un gran traballo. Fuches unha castañeira magnífica. Querémosche!





















































No hay comentarios:

Publicar un comentario