Mostrando entradas con la etiqueta Bolechas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Bolechas. Mostrar todas las entradas

domingo, 22 de abril de 2018

V FESTIVAL DEL LIBRO (OS BOLECHAS)





Tarde festiva no cole con motivo do V Festival do Libro acompañados de Os  Bolechas:  Pili,  Carlos,  Tatá e Chispa bailaron connosco e gozamos da súa alegría e agarimo.
Durante a semana, lemos os seus libros,  visionamos os vídeos e aprendemos e bailamos o seu  canción. Encántannos! Grazas amigos!

















miércoles, 3 de mayo de 2017

PAPÁ BOLECHAS DOA SANGUE


Cada día, nos hospitais galegos , centos de enfermos precisan da nosa solidariedade para recuperar a saúde ou salvar a vida. Doar sangue é vital. Súmate!


A pesares de que a doazón de sangue é un xesto que só é posible realizar a partires dos 18 anos de idade, é fundamental concienciar dende a infancia sobre a importancia vital deste xesto solidario, polo que dende a Consellería de Sanidade e a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue impúlsanse iniciativas coma esta publicación, que permite achegar este xesto solidario tanto ás nenas e nenos galegos como ás súas propias familias.




miércoles, 28 de diciembre de 2016

OS BOLECHAS VAN AOS BALNEARIOS DE OURENSE


A Deputación presentou o novo libro "Os Bolechas van aos balnearios de Ourense" no que percorren a provincia visitando os distintos balnearios e a nosa riqueza termal. 
400 escolares participamos no acto de presentación e nas actividades de lecer celebradas no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense. Talleres de debuxo, maquillaxe, chapas, fotocall e música foron algunhas das actividades que alí puidemos realizar.
Además recibimos de agasallo dous libros: "Os Bolechas van aos balnearios de Ourense" e "Os Bolechas van a Ourense", que teñen como obxectivo entreter e forma así como achegar a nosa lingua galega aos máis cativos.
Grazas a todos os que fixeron posible esta bonita xornada con Os Bolechas.












                                         







http://www.laregion.es/articulo/ourense/bolechas-alegran-mana-nenos-ourensanos/20161220203229672488.html

miércoles, 4 de mayo de 2016

VISITA DOS BOLECHAS


Con motivo do III Festival do Libro, Os Bolechas visitaron o noso colexio e disfrutamos dunha tarde máxica chea de ilusión, ledicia e música. Ao ritmo da canción dos Bolechas bailamos e cantamos sen parar. Pero o momento máis desexado foi o pousado fotográfico con eles, poder abrazalos e saudalos persoalmente.  Que emoción! Que nerviosismo!
Grazas amigos. Foi unha tarde inesquecible.


                            





martes, 21 de abril de 2015

OS BOLECHAS VAN A OURENSE

II FESTIVAL DO LIBRO

A nosa viaxe polo mundo dos libros comeza na nosa cidade con "Os Bolechas van a Ourense".
A popular familia de "Os Bolechas" percorre nove vilas ourensáns coa súa  caravana e pretende dar a coñecer entre os máis cativos a riqueza natural, patrimonial e cultural que ofrece a nosa provincia.

Os Bolechas están en Ourense celebrando o aniversario da súa curmá Ying. Están tamén Sarela, Kofi, a tía Camila, o tío Lisardo e mais Lusco e Fusco. Xa teñen a torta coas candeas acendidas. Mais, cando vai soprar, Ying lembra as amigas e amigos ourensáns e tamén quere convidalos á festa.
Manzaneda, Pena Trevinca, Verín, Xinzo, Bande, Celanova, Lobios, Ribadavia, Carballiño, O canón do Sil, Castro Caldelas, Pobra de Trives, O Barco, as pozas e as Burgas de Ourense son algúns dos lugares que visitan. 

Escoitade como len os nosos nenos.