Mostrando entradas con la etiqueta Letras galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Letras galegas. Mostrar todas las entradas

lunes, 18 de mayo de 2026

LETRAS GALEGAS 2026: BEGOÑA CAAMAÑO

Con motivo da celebración das Letras Galegas, no noso cole achegámonos á figura de Begoña Caamaño, homenaxeada este ano pola súa importante contribución á lingua e á cultura galega.
En Infantil fixemos diferentes actividades: contos, xogos, e cancións que nos axudaron a valorar a riqueza do noso idioma.









 

sábado, 17 de mayo de 2025

SEI CANTAR E SEI BAILAR


O Día das Letras Galegas 2025 está dedicado, por primeira vez, de maneira colectiva ás cantareiras e pandereteiras galegas, recoñecendo o seu papel fundamental na preservación e transmisión da poesía oral popular. A Real Academia Galega personificou esta homenaxe en seis mulleres representativas: Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda; Eva Castiñeira Santos, de Muxía; e Manuela Lema Villar, Prudencia Garrido Ameixenda e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes das Pandeireteiras de Mens, de Malpica de Bergantiños .
Con esta homenaxe, o Día das Letras Galegas 2025 pon en valor a tradición oral e musical que medrou nas rodas e foliadas, recoñecendo a contribución das cantareiras e pandereteiras á cultura galega.














 

sábado, 18 de mayo de 2024

DÍA DAS LETRAS GALEGAS CON LUISA VILLALTA

Un percorrido pola vida e obra de Luisa Villalta, gran escritora, profesora e música galega, á quen se adica este ano o Día das Letras Galegas. O seu amor pola música tamén nos levou a achegarnos ao violín xa que é o instrumento que toca Luisa pero o máis divertido foi escribir palabras e botalas ao auga cal peixes nadadores. Pasámolo xenial aprendendo palabras como: ollo, bolboreta, lúa, xoaniña, bico... Amamos a nosa lingua!

















miércoles, 17 de mayo de 2023

AS NOSAS LETRAS GALEGAS

Hoxe celebramos a festa das nosas letras coñecendo ao escritor homenaxeado este ano: Francisco Fernández do Riego. Achegámonos á súa vida e á súa obra con xogos dixitais, lecturas e debuxos. 

O amor á cultura e á lingua galega debemos inculcala aos nosos alumnos desde casa e desde o colexio para valorar a riqueza das nosas letras galegas. 

Feliz día a todos!