sábado, 24 de octubre de 2026
🎃✨MONSTRUOS DE CUENTO📚👻
sábado, 17 de octubre de 2026
NUESTRA MASCOTA CRECE SANA Y FELIZ🍎💓
viernes, 16 de octubre de 2026
EUROPEOS! 💙💛
✨ Na terceira xornada dos #ErasmusDays, o alumnado de Infantil e ESO uniu as súas mans, a súa creatividade e a súa ilusión para dar vida á nosa Árbore dos Valores Europeos. 🌍🤝
🖐️ Unha árbore moi especial, formada polas pegadas das súas mans e chea de follas de cores nas que florecen valores como o respecto, a igualdade, a solidariedade, a paz, a liberdade e a convivencia. 🌸🍀💚
📍 A nosa árbore xa está no vestíbulo! Non deixedes de achegarvos a descubrila e, sobre todo, de ler as fermosas mensaxes que o noso alumnado pendurou nela. 💌🥰
#ErasmusDays #ErasmusPlus #ValoresEuropeos #Infantil #ESO #Europa #Solidariedade #Respecto #Igualdade #UnidosNaDiversidade #educacionenvalores
jueves, 15 de octubre de 2026
ERASMUS DAYS
📚✨ OS CONTOS TAMÉN NOS UNEN EN EUROPA! ✨📚
Continuamos celebrando os Erasmus Days cunha actividade chea de maxia, ilusión e aprendizaxe! 💙
Nesta ocasión, o alumnado da ESO converteuse en contacontos por un día e visitou a aula de 5 anos de Educación Infantil para compartir cos máis pequenos e pequenas a marabillosa historia da Bela Durminte. 👸🏰📖
🌍✨ A través deste conto clásico, que forma parte do patrimonio cultural compartido de Europa, descubrimos que as historias viaxan, atravesan fronteiras e unen xeracións e culturas.
🤝💫 Ademais, esta actividade permitiunos traballar valores europeos como a solidariedade, a cooperación, o respecto, a empatía e a convivencia, ao tempo que fomentamos os lazos entre o alumnado de distintas etapas educativas.
🥰📚 Porque Europa tamén se constrúe compartindo historias, aprendendo uns dos outros e descubrindo todo aquilo que nos une! 🇪🇺💙
👏💛 Parabéns aos nosos contacontos por compartir o seu tempo, a súa ilusión e a maxia da lectura cos máis pequenos! Grazas a Silvie, Adrián y Eric!
#ErasmusDays #ErasmusDays2026 #ErasmusPlus #ValoresEuropeos #SomosEuropa #Contacontos #ABelaDurminte #FomentoDaLectura #EducaciónInfantil #ESO #AprendizaxeEntreIguais #UnidosNaDiversidade #EuropaNoNosoCentro 💙🇪🇺✨
































