Mostrando entradas con la etiqueta Fearmaga. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fearmaga. Mostrar todas las entradas

lunes, 27 de abril de 2026

"AVENTURAS NO BOSQUE DE MARUXA, XAQUÍN E FUCO"

Hoxe levamos a cabo unha sesión de contacontos da nova versión do conto, chamada 'Aventuras no bosque de Maruxa, Xaquín e Fuco', na que se poñen en valor os valores medioambientais, económicos e sociais do monte e a importancia dos materiais naturais como a madeira. 

É unha nova campaña 'Árbores que dan vida' iniciativa da Federación empresarial de aserraderos y rematantes de madera de Galicia (Fearmaga). 

Grazas por esta fermosa iniciativa que tanto gustou os nenos e nenas.





























miércoles, 21 de junio de 2023

NOSA VERSIÓN DOS "TRES PORQUIÑOS" PREMIADA POR FEARMAGA

Parabén aos alumnos de Educación Infantil polo premio obtido na categoria audiovisual do concurso Ti que contas? organizado por Fearmaga. 

Un precioso vídeo no que os peques reinventaron o conto dos "Tres porquiños" creando unha Escola de Música na casa de madeira construída por Maruxa. 

Estamos felices e orgullosas do noso traballo. Non deixedes de ver os magníficos actores e actrices en acción.  Felicidades, peques!




















lunes, 27 de febrero de 2023

AS AVENTURAS DE MARUXA, FUCO E XAQUÍN

Os tres porquiños Maruxa, Xaquín e Fuco visitan os centros de educación infantil de Galicia para contar a verdadeira historia dos tres cerditos a través dunha sesión de contacontos realizada polos contacontos Cris de Caldas e Xabi do Camiño. 

Os tres irmáns reescriben o tradicional conto para promocionar os bosques na loita contra o cambio climático, xa que capturan o CO2, albergan biodiversidade de animais e árbores, e proporcionan alimentos e produtos reciclables. Iniciativa de Fearmaga cofinanciada pola Axencia Galega da Industria Forestal.

Moitas grazas. Pasámolo xenial!