Conmemoramos o nacemento da escritora galega máis recoñecida mundialmente, Rosalía de Castro e descubrimos como era unha nena como nós. Unha Rosalía pequena, aventureira, loitadora e amante da súa terra galega. Unha gran escritora que nos deixounos poemas moi fermosos.
Rosalía veu visitarnos e contounos cousas da súa vida que nos axudaron a coñecela un pouco mellor. Era unha gran muller valente e moderna para o seu tempo que loitou pola nosa lingua.
Moitas grazas, profe Rocío, por achegarnos á figura de tan famosa poetisa.
Aprendemos parte da poesía titulada Vamos bebendo e foi nosa compañeira Mara a que a leu demostrando que é unha gran lectora. Grazas Mara!
Grazas, familias polas vosas preciosas fotografías
No hay comentarios:
Publicar un comentario