viernes, 20 de febrero de 2026

📚✨ STORY TIME NO COLE! ✨📚


📚✨ STORY TIME NO COLE! ✨📚

Os nenos e nenas de Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria desfrutaron hoxe dunha sesión moi especial de Story Time, onde a lingua inglesa foi a gran protagonista 🇬🇧💬 a través dos contos, a música 🎶 e a participación activa.

Durante a actividade non só escoitamos historias… ¡vivímolas! 🌟
Os pequenos e pequenas colaboraron en equipo 🤝, interactuaron cos personaxes 🧚‍♂️ e mantiveron unha escoita atenta 👂, creando un ambiente de comunicación afectiva e moi participativa 💛

Con esta experiencia buscamos:
🔹 Achegar o inglés dunha forma natural e divertida
🔹 Motivar o gusto pola lectura a través da oralidade 📖
🔹 Fomentar a imaxinación e a creatividade 🎨✨

Aprender unha lingua tamén é sentir, imaxinar e compartir… e hoxe fixémolo xuntos! 🥰

Queremos agradecer especialmente á Concellería de Educación do Concello de Ourense e a Kids&Us Ourense por facer posible esta experiencia tan enriquecedora para o noso alumnado 🙌💙
















 

No hay comentarios:

Publicar un comentario