domingo, 26 de marzo de 2017

A ÁRBORE DA ESCOLA




Esta historia narra -cunha linguaxe sinxela- a relación entre un neno e unha pequena árbore que vai medrando grazas ao agarimo que recibe del, e ao afecto doutros compañeiros que seguen o seu exemplo. Malia a reticencia inicial a que interactuaran coa árbore, a propia mestra acaba sumándose tamén á iniciativa dos alumnos. 









Aprendemos as partes da árbore e puidemos tocalas e velas grazas a un castiñeiro que plantamos para axudar a repoboar os nosos bosques. 



Os nosos compañeiros de 1º de Primaria presentáronnos o seu libro "Follas voadoras", unha bonita recompilación de follas, árbores, flores, arbustos...Unha nova iniciativa da súa profe Noe. 





Grazas! Fixéstelo xenial.
Entre todos construiremos un mundo mellor se coidamos o noso planeta respectando o medio ambiente. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario