Máxica sesión de contacontos de Cancodrilo da man de Sabela Gago, unha actividade ofertada pola Concellería de Educación do Concello de Ourense.
Unha viaxe ao mundo da imaxinación e a fantasía dirixido pola fantástica Sabela Gago, unha gran mestra, unha gran actriz e unha inmellorable contacontos.
Cancodrilo presentounos os seus libros e convidounos a poñer en funcionamento a nosa imaxinación para pintar o mundo coas cores máxicas da nosa mente.
Grazas ao Concello por permitirnos gozar desta interesante actividade e grazas, por suposto, a Sabela Gago polo seu gran traballo.
Encantounos!. Ata pronto Cancodrilo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario