Recibimos a visita de Sabela Gago, unha magnífica contacontos, que nos convidou a soñar coa nosa imaxinación. Con Martín e Federico como protagonistas, os peques puxeron en funcionamento a súa imaxinación para crear un máxico mundo de fantasía e diversión.
Mentes abertas, caras de sorpresa, sorrisos xigantes, ollos brillantes...Unha divertida viaxe a través da nosa imaxinación.
Se podes imaxinalo, podes crealo.
Soña lendo e os teus soños faranse realidade!
Grazas Sabela por contaxiarnos o teu amor polos libros viaxando coa imaxinación.
Grazas Sabela por contaxiarnos o teu amor polos libros viaxando coa imaxinación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario