O Samaín é unha festa moi querida polos nenos e nenas que nos convida a profundar nas tradicións galegas e a coñecer máis a fondo a nosa cultura popular.
En clase aprendemos moitas cousas e coa axuda das familias creamos un recuncho de Samaín con todas as achegas recibidas. Cabazas e máis cabazas para ambientar a aula. Moitas grazas a todos pola vosa colaboración. Sodes xeniais!
Nós tamén fixemos unhas cabazas moi divertidas para lucir neste Samaín: "bruji-cabazas".
Pintamos de laranxa as bólas de porexpán e despois puxémoslles un gorro de bruxa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario