miércoles, 28 de diciembre de 2016

OS BOLECHAS VAN AOS BALNEARIOS DE OURENSE


A Deputación presentou o novo libro "Os Bolechas van aos balnearios de Ourense" no que percorren a provincia visitando os distintos balnearios e a nosa riqueza termal. 
400 escolares participamos no acto de presentación e nas actividades de lecer celebradas no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense. Talleres de debuxo, maquillaxe, chapas, fotocall e música foron algunhas das actividades que alí puidemos realizar.
Además recibimos de agasallo dous libros: "Os Bolechas van aos balnearios de Ourense" e "Os Bolechas van a Ourense", que teñen como obxectivo entreter e forma así como achegar a nosa lingua galega aos máis cativos.
Grazas a todos os que fixeron posible esta bonita xornada con Os Bolechas.












                                         







http://www.laregion.es/articulo/ourense/bolechas-alegran-mana-nenos-ourensanos/20161220203229672488.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario