Un home-árbore, un ser humano “boscoso”, un xinete das árbores, un carballo coas vellas botas da antiga fábrica ourensá dos calzados Mosquera, fuxindo dos incendios forestais que os verán asolan as terras da montaña, chega a Ourense para que as nenas e nenos lle axuden a cabalgar de novo a lomos dos carballos, dos teixos e as aciñeiras, dos buxos e as sobreiras, para salvar os bosques, que son a esperanza do seu futuro, o aire para respirar.
Con gaitas e peitoques de teixo, con frautas de pereira, pandeiretas de castiñeiro, e co burro Caramulo de madeira de bidueiro, as nenas e os nenos alimentados coa música das árbores viaxarán, dun xeito imaxinario, polo corazón de cada un para comprobar que os seus corazones estean sá e fortes, como a mascota CARDIO. no seu peregrinar pola saúde deles.
Con contos, cantigas, xogos, e moita risa remataremos “plantándonos” todas e todos con forma de árbores a favor dos nosos bosques, refuxio do oxixeno que alimenta o corazón, transformándonos en nenas e nenos xinetes das árbores, esperanza dos bosques.
Grazas o concello de Ourense por esta interesante actividade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario