Esta mañá recibimos a visita de dúas hixienista dentais, Andrea y Marta, que nos lembraron os hábitos de hixiene bucodental que debemos adquirir dende pequenos para coidar a boca e os dentes. Gustounos moito practicar o cepillado nesa boca xigante. Nas fotos podedes ver o ben que o pasamos.
Moitas grazas polos agasallos e grazas ao concello de Ourense por facernos partícipes desta actividade. Xuntos pola saúde dos máis pequenos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario