Vialín, autoescola para peques é unha actividad do concello de Ourense para pra converterse en verdadeiros "mestres e mestras do vial". Coa figura dun personaxe animado "Vialín" para motivar aos mais pequenos, aprenden divertíndose para conseguir que mañá sexan uns cidadans reponsables tanto coma peóns ou coma condutores. O reto foi conseguir o noso carnet por puntos. Para iso deberán superar unha serie de probas que figuraran nun mapa urbano de educación viaria.
Algún dos obxetivos do programa son:
- Coñecer a rúa e cómo desprazarse por ela acompañados.
- Saber camiñar pola beirarrúa e cruzar de forma segura.
- Camiñar por sitios seguros.
- Coñecer as zonas pechadas ao tráfico e seguros para xogar.
- Coñecer as rúas por onde necesariamente teñan que desplazarse e o comportamento seguro que se debe manter sempre acompañados.
- Comportarse adecuadamente no autobús escolar ou no transporte urbano.
- Adquirir as conductas correctas para viaxar no coche familiar.
Grazas a Tania pola súa implicación e agarimo connosco así como ao concello de Ourense por ofrecernos esta divertida e interesante actividade.
Non deixedes de ver no vídeo o ben que nolo pasamos
No hay comentarios:
Publicar un comentario