Celebramos o Día das Bibliotecas cunha sesión de contos virtual patrocinada por FEARMAGA. A iniciativa ‘Árbores que dan vida’, na que está englobado o conto ‘Aventuras do bosque de Maruxa, Xaquín e Fuco’ é unha campaña de sensibilización desenvolvida pola Federación Empresarial de Aserraderos y Rematantes de Maderas de Galicia.
Os obxectivos desta iniciativa son:
• Achegar a realidade do monte e a industria forestal galega ás novas xeracións.
• Transmitir os valores medioambientais da madeira e dos bosques.
• Trasladar a importancia de plantar máis árbores para que os montes continúen medrando e poidamos gozar dos produtos que nos ofrecen.
• Promover o consumo de produtos madeira, transmitindo as vantaxes da madeira como materia prima sostible, reciclable e que loita contra o cambio climático.
• Mostrar a relevancia da madeira na elaboración de produtos e na construcción. A nova versión do conto demostra que a casa que ten máis resistencia ao lobo é a da madeira.
• Explicar que os bosques frean o cambio climático porque capturan CO2 e reducen
a contaminación. Promoven a biodiversidade de animais e árbores, e proporcionan alimentos.
• Sensibilizar sobre a preservación dos valores naturais, sociais e económicos do monte.
• Trasladar unha mostra da diversidade de especies presentes no monte galego.
• Mellorar a capacidade de atención dos escolares mediante sesións de contacontos interactivos e con acompañamento musical relacionados co monte e englobados no marco do conto dos tres porquiños.
Grazas a FEARMAGA polos obsequios, encantounos o conto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario