viernes, 18 de febrero de 2022

CAMBIAMOS TOCARNOS POR MIRARNOS (PLAN DE BENESTAR EMOCIONAL)

O coidado do benestar emocional é o acompañamento que desde a escola realizamos para favorecer a  resiliencia e o desenvolvemento das competencias emocionais.

Na primeira sesión do desenvolvemento do Plan de Benestar emocional da Xunta,  visualizamos un video das emocións e logo, en asamblea, preguntamos cómo se sentiron na pandemia, que cousas votaron de menos e que se lles ocorre facer para sentirse mellor. Posteriormente contamos o conto “Así es mi corazón”, repasamos as diferentes emocións e, apoiados nas láminas emocionais, xogamos a identificalas. Por último, o xogo “Saudámonos”, que tamén establecemos como rutina diaria con diferentes saúdopara entrar na aula.

A segunda sesión comeza en asamblea, falando de cómo nos sentimos e de si empregamos os saúdos traballados anteriormente. Logo reproducimos a canción “Hola, hola, ¿cómo estáis?” e nos saudarnos segundo a canción vai indicando: codos, pulgares arriba, movendo cabeza... Dun xeito lúdico adaptámonos a unha nova forma de saudar. Encántanos!




















No hay comentarios:

Publicar un comentario