Hoxe celebramos o Día da Bibliotecas recibindo unha preciosa librería en forma de árbore feita de madeira, obsequio de FEARMAGA e que recibimos como gañadores do concurso "E ti que contas?"
Alexandra, exerceu de magnífica contacontos para presentarnos o novo libro "Maruxa, Xaquín e Fuco fabrican material escolar" creado coas historias dos tres porquiños no que os protagonistas elaboran un andel en madeira para regalarlle ao colexio do seu pobo. Moitas grazas, Alexandra.
Grazas tamén ao director xeral de Medio Rural, ao presidente da Federación da Madeira, o equipo directivo do centro e a todas as persoas que nos acompañaron e que fixeron desta conmemoración un día moi especial cheo de maxia, emoción e agasallos. Grazas a todos!
Sentímonos felices coa nosa nova librería que xa luce fermosa na nosa aula. Prometemos seguir enchendoa de libros e contos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario