MIRA QUE BOCA é un programa de saúde bucodental en Atención Primaria para nenos e nenas de 0 a 14 anos. Os hixienistas, técnicos superiores en hixiene bucodental, adícanse á prevención de enfermidades bucodentais realizando tratamentos reversibles e son tamén educadores sanitarios en cuestións de hixiene oral e hábitos alimenticios relacionados coa patoloxía oral. Desenvolven o seu traballo nos Centros de Saúde, nas unidades de saúde bucodental, en colaboración cos odontólogos.
Grazas a Carlos Garrote pola súa charla e implicación cos nenos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario