sábado, 17 de mayo de 2025

SEI CANTAR E SEI BAILAR


O Día das Letras Galegas 2025 está dedicado, por primeira vez, de maneira colectiva ás cantareiras e pandereteiras galegas, recoñecendo o seu papel fundamental na preservación e transmisión da poesía oral popular. A Real Academia Galega personificou esta homenaxe en seis mulleres representativas: Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda; Eva Castiñeira Santos, de Muxía; e Manuela Lema Villar, Prudencia Garrido Ameixenda e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes das Pandeireteiras de Mens, de Malpica de Bergantiños .
Con esta homenaxe, o Día das Letras Galegas 2025 pon en valor a tradición oral e musical que medrou nas rodas e foliadas, recoñecendo a contribución das cantareiras e pandereteiras á cultura galega.














 

No hay comentarios:

Publicar un comentario