lunes, 10 de noviembre de 2025

🌰O MAGOSTO, A CASTAÑEIRA E AS NOSAS TRADICIÓNS GALEGAS

No outono, cando as follas se volven douradas e o aire cheira a terra mollada, en Ourense celebramos unha das festas máis importantes: o Magosto. É o tempo das castañas, das fogatas, dos bailes e as risas arredor do lume.
No cole, os nenos e nenas prepáranse con ilusión para recibir á castañeira, esa muller simpática que chega co seu cesto cheo de castañas e coa súa roupa tradicional: o pano na cabeza, o mandil e a saia longa. Ela cóntanos historias antigas, ensínanos cantigas populares e lembranos o sabor tan rico das castañas asadas🌰🌰
Durante o Magosto tamén soan as muiñeiras que fan que todos queiramos bailar. O son da gaita e do tambor fai que as mans se xunten e os pés non poidan parar. 

🌞 A lenda de San Martiño de Tours
San Martiño de Tours foi un soldado moi bo e xeneroso que viviu hai moitos, moitos anos. Un día de moito frío, Martiño viu a un pobre tremendo de frío. Sen pensalo dúas veces, cortou a súa capa pola metade e deulle unha parte para que se abrigase. Nese momento, o ceo abriuse e saíu o sol, facendo que o día se volvera quente e agradable. Por iso, a ese tempo chamámoslle o "veranciño de San Martiño".

FELIZ MAGOSTO PARA TODOS!


















































 

No hay comentarios:

Publicar un comentario