lunes, 16 de mayo de 2016

LETRAS GALEGAS 2016


Esta semana das Letras Galegas estivo dedicada ao escritor lucense Manuel María e por iso o primeiro que fixemos foi buscar información sobre el e sobre a súa obra.
Eliximos o libro "Os sonos na gaiola" porque é unha bonita recopilación de poemas infantís que musicou o coñecido músico galego Suso Vahamonde.
Aprendemos algunhas poesías que recitamos, cantamos e bailamos: Caracol, col col, Galicia e O burriño trotón.












Afondamos na nosa cultura e tradicións a través do traxe rexional e a música popular.
Vestimos a Aitana de galega e probámonos as distintas partes do traxe. Ademais sumouse á nosa festa a profe Rocío que tamén lucía o traxe rexional e xuntas bailaron sen parar.







Bailamos ao ritmo da muñeira e descubrimos algúns dos instrumentos galegos pero o que máis nos gustou foi tocar as cunchas como acompañamento das alegres cancións que aprendemos.




E un magnífico fin de festa foi a actuación no patio do grupo floclórico "O carolinos" que co seu bo facer convidáronnos  a bailar e a cantar todos xuntos. Grazas a todos por facer deste día unha festa de irmandade. 
Viva a festa e Viva Galicia!







No hay comentarios:

Publicar un comentario