viernes, 14 de mayo de 2021

AS NOSAS LETRAS GALEGAS 2021

Esta semana descubrimos a figura de  Xela Arias, escritora á que se dedica este ano as Letras Galegas, facendo preciosas caretas decoradas con moito gusto. 

E para homenaxear o noso idioma, traballamos co libro "Que cores teñen as túas palabras? Algunhas son alegres,  outras cariñosas, outras  derriten o meu corazón... Son palabras de todas as cores que nos convidan ao altruísmo e positividade. Fermosas palabras do idioma galego que tocan o noso corazón. 

Recibimos un agasallo sorpresa: un vídeo gravado polo noso compañeiro Leo, acompañado pola súa nai coa pandeireta, cantando " Catro vellos  mariñeiros", unha fermosa canción popular do noso folclore. Moitas grazas, familia. Grazas por poñer a nota musical a esta celebración. Sodes uns grandes artistas. 

Feliz Día das Letras Galegas!



































No hay comentarios:

Publicar un comentario