sábado, 18 de marzo de 2023

VERBATECA: LABORATORIO DE PALABRAS

O proxecto Verbateca consistiu en xogos nos que traballan aspectos tan importantes coma a memoria, a observación, a expresión oral e corporal, a coordinación, os coñecementos de palabras en lingua galega sobre diferentes temáticas, o traballo en equipo, a identidade cultural e lingüística…
Repasamos e coñecemos palabras relacionadas cos animais, partes do corpo, profesións, cores, natureza,… etc. Deste xeito todos xuntos/as aprendemos a xogar en lingua galega!

Esta fermosa actividade ten os seguintes obxectivos:
Potenciar o traballo en equipo.
Aumentar o vocabulario da nosa lingua.
Crear unha comunicación afectiva e directa na que os alumnos e alumnas participen activamente.
Manter unha boa actitude de escoita.
Motivar á lectura por medio da oralidade.
Fomentar a imaxinación e a creatividade.

Pasámolo xenial e tras pasar as distintas probas piratas acadamos o noso cofre das palabras. 
Moitísimas grazas a ao concello de Ourense por agasallarnos con esta actividade tan interesante. 









































No hay comentarios:

Publicar un comentario