sábado, 16 de mayo de 2026

🦷🍎OBRADOIRO DE SAÚDE BUCODENTAL 😁🦷

😁🦷 O alumnado de 5 anos participou no obradoiro de saúde bucodental “Mira que boca!”, unha actividade organizada pola Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 💙
Durante a sesión, os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os seus dentes e adquirir bos hábitos de hixiene bucodental 🪥✨
A través de explicacións, xogos e actividades prácticas, descubriron como previr enfermidades bucodentais e manter unha boca sa desde pequenos/as 🦷🍎
Este programa de saúde bucodental en Atención Primaria busca fomentar hábitos saudables e concienciar ao alumnado sobre a importancia da prevención e do coidado diario da saúde oral 😊👏




















 

No hay comentarios:

Publicar un comentario