Esta semana os nenos e nenas da clase de 5 anos gozou dunha divertida sesión de inglés na biblioteca, un espazo máxico para aprender, imaxinar e descubrir novas historias 📚✨Durante a actividade coñecemos a Froggy, unha ra moi simpática… e tamén un pouco despistada! 🐸❄️ No conto, Froggy quería saír xogar a pesar do frío, pero tiña que lembrar toda a roupa que necesitaba poñer antes de saír da casa.
A partir da historia traballamos vocabulario relacionado coas prendas de vestir e o inverno dunha maneira dinámica e manipulativa. Os nenos e nenas participaron con moitísima ilusión en diferentes xogos e actividades:
🧩 realizaron puzles relacionados co conto
🎲 xogaron ao bingo e ao memory en inglés
👕 tenderon roupa nun pequeno tendal
🃏 buscaron e emparellaron cartas iguais
🧣 axudaron a vestir a Froggy para que non pasase frío
A través do xogo, da escoita e da participación activa, seguimos achegando o inglés ao alumnado dunha maneira natural, divertida e significativa 💚
Unha mañá chea de contos, risas e moita aprendizaxe!






























No hay comentarios:
Publicar un comentario