miércoles, 17 de mayo de 2017

ONDE VAI CARLOS? (LETRAS GALEGAS 2017)

 
Unha viaxe pola vida de Carlos Casares para coñecer a este importante escritor ourensán ao que este ano se dedica o Día das Letras Galegas.
 
"Onda vai Carlos?" é un libro con textos de Xosé A. Perozo e ilustracións de Antonio Seijas e ideado para que os lectores máis cativos aproxímense á figura do escritor ourensán. Ana, protagonista do libro, mergullarse en distintas aventuras que lle irán permitindo descubrir precisamente a un dos máis importantes escritores galegos do século XX. Un camiño inmellorable para espertar a curiosidade dos nenos. O mellor xeito de impulsar a lectura nas máis curtas idades.

 
Lemos dous dos  libros de Carlos Casares para nenos, "A galiña azul" e "Lolo anda en bicicleta", unhas preciosas historias que nos chegaron ao corazón.
"A galiña azul" foi todo un descubrimento xa que unha galiña tan peculiar que pon ovos de cores foi un marabilloso exercicio de imaxinación e creatividade.











No hay comentarios:

Publicar un comentario