Cada día, nos hospitais galegos , centos de enfermos precisan da nosa solidariedade para recuperar a saúde ou salvar a vida. Doar sangue é vital. Súmate!
A pesares de que a doazón de sangue é un xesto que só é posible realizar a partires dos 18 anos de idade, é fundamental concienciar dende a infancia sobre a importancia vital deste xesto solidario, polo que dende a Consellería de Sanidade e a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue impúlsanse iniciativas coma esta publicación, que permite achegar este xesto solidario tanto ás nenas e nenos galegos como ás súas propias familias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario