jueves, 16 de mayo de 2019

A FESTA DAS NOSAS LETRAS


As nosas letras están de festa e celebrámolo ao grande. Durante toda a  semana achegámonos á figura de Antón Fraguas e realizamos distintas actividades relacionadas coas letras galegas, a cultura, as tradicións e a música tradicional da nosa terra.
Como fin de festa, recibimos a visita dun grupo instrumental galego que nos amenizaron a tarde e convidáronnos a cantar e bailar. Grazas aos pais de Leo por colaborar connosco e vir ao cole para amosarnos o seu bo facer musical. Grazas a Andrea, Lucía e Manuel. Pasámolo xenial.































No hay comentarios:

Publicar un comentario