O coidado da hixiene bucodental é fundamental, pero é nos primeiros anos de vida dos nenos cando se adquire o hábito e por iso é moi importante incidir desde moi temperá idade na correcta limpeza bucal. Se se consegue isto, garántese que os máis pequenos da casa poidan leva unha vida sa e limpa, ademais de evitar enfermidades relacionadas coa boca e os dentes. Ademais, ter unha boca coidada ofreceralles unha boa imaxe persoal tanto no ámbito particular como laboral e escolar.
Un curso máis, desde a Concellería de Educación do Concello de Ourense presentaron a actividade Saúde Bucodental, no marco do programa de Saúde, onde presentan ademais outras propostas como Saúde Integral ou Cultivando Alimentos.
A actividade de Saúde Bucodental inclúe un completo programa de charlas e a posterior posta en práctica dos aspectos máis relevantes da charla facendo uso dunha mandíbula de grandes dimensións.
Con esta actividade de saúde bucodental o que se busca é que os alumnos de Infantil coñezan a importancia de conservar e manter unha adecuada hixiene oral, ademais de fomentar hábitos que, aplicados desde a infancia poidan evitar enfermidades bucodentais posteriores. Esta iniciativa axuda tamén a realizar un correcto cepillado dos dentes, identificar as principais partes da boca, descubrir os inimigos da saúde bucodental ou recoñecer e evitar os alimentos carigénicos. Os escolares que participan nesta actividade tamén chegan a descubrir como o fluor aumenta a resistencia do esmalte e ao dentitas como o profesional que coida das súas saúde bucodental.
GRAZAS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario