miércoles, 1 de mayo de 2019

CONTACONTOS: "O COLECCIONISTA DE PALABRAS"


Nosa querida  Oti regalounos, un ano máis, un precioso conto titulado "O coleccionista de palabras". Coa súa magnífica interpretación presentounos a Bruno, un apaixonado das palabras. Palabras que lle fan suspirar, palabras que lle enfadan e palabras que se queren e abrázanse. Pero un día dáse conta que aos poucos as palabras belas, magníficas e divertidas están a desaparecer do mundo. Bruno, xunto coa súa amiga Ana, deciden que é hora de actuar e pescan cunha cana todas as letras que van atopando, métenas nun testo e réganas ata que... aos poucos reaparecen. Unha bela historia que nos roubou o corazón a grandes e pequenos.
Mil grazas Oti pola túa xenerosidade, maxia e entusiasmo. Seguimos crecendo coa maxia dos contos grazas a ti. Es moi especial para nós. Querémosche!






























Añadir leyenda

No hay comentarios:

Publicar un comentario