martes, 21 de abril de 2015

OS BOLECHAS VAN A OURENSE

II FESTIVAL DO LIBRO

A nosa viaxe polo mundo dos libros comeza na nosa cidade con "Os Bolechas van a Ourense".
A popular familia de "Os Bolechas" percorre nove vilas ourensáns coa súa  caravana e pretende dar a coñecer entre os máis cativos a riqueza natural, patrimonial e cultural que ofrece a nosa provincia.

Os Bolechas están en Ourense celebrando o aniversario da súa curmá Ying. Están tamén Sarela, Kofi, a tía Camila, o tío Lisardo e mais Lusco e Fusco. Xa teñen a torta coas candeas acendidas. Mais, cando vai soprar, Ying lembra as amigas e amigos ourensáns e tamén quere convidalos á festa.
Manzaneda, Pena Trevinca, Verín, Xinzo, Bande, Celanova, Lobios, Ribadavia, Carballiño, O canón do Sil, Castro Caldelas, Pobra de Trives, O Barco, as pozas e as Burgas de Ourense son algúns dos lugares que visitan. 

Escoitade como len os nosos nenos.




















No hay comentarios:

Publicar un comentario