sábado, 1 de abril de 2017

PROGRAMA DE SAÚDE BUCODENTAL


A Concellería de Educación, dentro do programa educativo Educación en Saúde, oferta para os escolares de Educación Infantil e Primaria a actividade “Programa de promoción sobre a saúde bucodental”, cuxo obxectivo é o de conseguir que o alumnado do Concello de Ourense coñeza a importancia de conservar e manter unha adecuada hixiene oral, ademais de fomentar hábitos que, aplicados desde a infancia, poidan evitar enfermidades bucodentais en idade adulta.



Partindo da premisa de que a maioría dos hábitos se crean nas primeiras etapas da vida, e que a escola é un contexto favorable para a formación integral da poboación infantil, o departamento de Educación considera que é importante desenvolver programas de charlas de educación bucodental e que, desta forma, os nenos adquiran coñecementos beneficiosos para a súa saúde. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario